Valentín García asiste a 'Cantarolas pra xente miúda' do Nadal en Rede 2016

Volver
  • Valentín García asistiu na Estrada a 'Cantarolas pra xente miúda'

O concerto didáctico dirixido ao público familiar con cativada homenaxea a Suso Vaamonde e a Xosé Neira Vilas

A Estrada (Pontevedra), 2 de xaneiro de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao serán no MOME da Estrada á actividade 'Cantarolas pra xente miúda', acompañado polo tenente de alcalde, Juan Constenla. O concerto didáctico impartido por Senén Vaamonde e por dous dos integrantes do grupo A Roda, Alfredo e Manuel, enmárcase nas propostas do programa 'Nadal en Rede 2016' que están a chegar desde o pasado 17 de decembro a medio cento dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.