Valentín García e Mª Sol Díaz participan en Ourense na presentación de 'Prego, 100 anos'

Volver
  • Valentín García e Mª Sol Díaz no acto de presentación de 'Prego: Mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital'.
  • Valentín García e Mª Sol Díaz no acto de presentación de 'Prego: Mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital'.
Ourense, 18 de maio de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Mª Sol Díaz Mouteira, participaron hoxe á mañá na presentación do libro-catálogo 'Prego: Mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital'. A publicación, da autoria de Francisco Javier Limia Gardón e Natalia Figueiras Pimentel, conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación -por medio da Secretaría Xeral de Cultura- e promóvea o Concello de Ourense no marco do centenario do nacemento do pintor ourensán Manuel Prego de Oliver.