O secretario xeral de Política Lingüística asiste ao I Festival de Música Galega da USC

Volver
  • Valentín García canda os premiados, os membros do xurado e os organizadores do festival

A iniciativa organízaa a universidade compostelá co apoio da Consellería de Cultura

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín GArcía, asisitiu hoxe á noite no Teatro Principal ao I Festival de Música Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que organizou a devandita universidade coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e  Ordenación Universitaria, no marco do I Certame de Música Galega da USC.

No Festival, que conduciu a xornalista Xiana Arias e no que participou tamén o grupo Ataque Escampe, déronse a coñecer os premios que recibiron, respectivamente, os tres finalistas: "Só nós", de Noemia (1º Premio, dotado con 1000 euros); "No monte da pastora", de Leda Atómica (2º Premio, dotado con 700 euros) e "Dúas andoriñas", de Guille LP (3º Premio, dotado con 300 euros).

A iniciativa, á que concorreron un total de 19 propostas, premiou cancións compostas por formacións ou solistas de todos os xéneros musicais e dirixiuse a alumnado da USC con inquedanzas musicais e literarias.