Codeseda Viva, Carme Vaquero e Mario Franco reciben os XVII Premios San Martiño de Normalización
Volver- Codeseda Viva, Carme Vaquero e Mario Franco recibiron onte na Estrada os XVII Premios San Martiño de Normalización
- Codeseda Viva, Carme Vaquero e Mario Franco recibiron onte na Estrada os XVII Premios San Martiño de Normalización
- Codeseda Viva, Carme Vaquero e Mario Franco recibiron onte na Estrada os XVII Premios San Martiño de Normalización
- Codeseda Viva, Carme Vaquero e Mario Franco recibiron onte na Estrada os XVII Premios San Martiño de Normalización
- Codeseda Viva, Carme Vaquero e Mario Franco recibiron onte na Estrada os XVII Premios San Martiño de Normalización
- O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de entrega dos galardóns, que se celebrou este serán no Teatro Principal estradense
- Os premios, convocados pola asociación O Brado, recoñecen persoas e colectivos que destacan no seu labor de promoción do galego
Valentín García quixo recoñecer na súa intervención “o labor dos premiados, que son persoas e entidades próximas para min, pero tamén o da asociación convocante, que leva dezasete anos lembrándonos que o traballo a prol da lingua galega é algo que a sociedade debe valorar, porque repercute positivamente en todos nós”.
A canda o secretario xeral de Política Lingüística, no acto interviñeron o alcalde da Estrada, José López Campos; Marcos Pérez Cachafeiro, membro da asociación Codeseda Viva, e os outros dous galardoados: Carme Vaquero e Mario Franco.
Patrimonio, literatura e extensión social da lingua
A Asociación Codeseda Viva (codeseda.com) comezou a súa andaina no ano 2.000 e dedica a súa actividade a recoller documentos e datos relativos ao patrimonio e á historia do seu contorno. Na actualidade céntrase en documentar o camiño da Geira Miñoto Arrieiro que, partindo de Braga (Portugal) remata en Santiago de Compostela.
Carme Pérez Vaquero é xurista e leva máis de 25 anos facendo un labor ás veces calado, sempre trascendental, a prol da lingua galega. Forma parte de entidades como a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, creada en 1982, e doutras integradas no colectivo Galeguizar Galicia, grazas a cuxo traballo se vai prestixiando a lingua galega en espazos onde antes estaba excluída.
Mario Franco Rodríguez é autor de novelas en galego como “Terranova”, “A derradeira campaña do capitán Samuel”, “A capela maldita” ou “A liberdade perigosa”, que comezou a escribir a partir da súa xubilación e que recollen as experiencias dunha rica traxectoria vital.