Valentín García participa en Braga no coloquio da 4º Semana de Convergências Portugal Galiza

Volver
  • Valentín García participa en Braga no coloquio da 4º Semana de Convergências Portugal Galiza

A iniciativa promóvea o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho

Braga (Portugal), 22 de febreiro de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe á noite no Salón Nobre da Reitoría da Universidade do Minho no Coloquio/Tertulia da 4ª Semana de Convergências Portugal-Galiza, que organiza a Rede de Centros de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta por medio do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.