Volver

A Xunta participa na actividade Deputados por un día, organizada por Aldeas Infantís

A sesión plenaria do Parlamento de Galicia tivo como eixo de debate o valor da confianza entre os escolares

  • Fotografías de Pepe Ferrín /AGN
  • Fotografías de Pepe Ferrín /AGN
  • Fotografías de Pepe Ferrín /AGN
  • Fotografías de Pepe Ferrín /AGN
  • Fotografías de Pepe Ferrín /AGN
  • Fotografías de Pepe Ferrín /AGN

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2018.- A Xunta de Galicia, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e na directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González, participou hoxe á mañá na actividade 'Deputados por un día', organizada por Aldeas Infantís no marco do programa educativo 'Abraza os teu valores', que chega neste curso escolar á súa vixésima edición coa participación de 7500 escolares de primaria de Galicia.

A sesión plenaria do Parlamento de Galicia tivo como eixo de debate o valor da confianza entre os escolares e nela os protagonistas tiveron oportunidade de lle trasladar ás autoridades e aos medios de comunicación convidados as súas inquedanzas e compromisos, para alén de votar o compromiso mellor considerado entre os defendidos na tribuna polos representantes.