Volver

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación da V Noite Branca de Lalín

A iniciativa conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

  • Valentín García na presentación da V Noite Branca de Lalín

Lalín, 18 de xuño de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación da V Noite Branca de Lalín, que organizan a Asociación de Empresarios do Deza e o Centro Comercial Aberto de Lalín coa participación de 110 establecementos comerciais e hostaleiros e que se celebrará este venres, 22 de xuño. A iniciativa conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco das accións de desenvolvemento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido socioeconómico, aprobado pola Xunta de Galicia en 2016.