Arrancan os clubs de lectura en librerías arredor do XIV Premio de Novela Europea Casino de Santiago

Volver

O secretario xeral de Política Lingüística asistiu hoxe ao mediodía á presentación

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019.-  O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asisitiu hoxe ao mediodía á rolda de prensa de presentación do inicio dos clubs de lectura que impulsan a Asociación Cultural Casino de Santiago e librerías compostelás no marco da campaña XIV Premio Casino de Santiago, que apoia a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Participan neles as librerías Pedreira, Cronopios, San Pablo, Gallaecia e Couceiro, que centrarán un programa conxunto de préstamo de exemplares e clubs de lectura dos que se elixirá a novela favorita de entre as obras Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales (Editorial Galaxia); Perdón, de Ida Hegazi Høyer (Nórdica Libros); Recursos inhumanos, de Pierre Lemaitre (Alfaguara); Terra de campos, de David Trueba (Editorial Anagrama); e Toda unha vida, de Robert Seethaler (Editorial Salamandra).