Valentín García participou no acto de entrega da Rosa de Galicia
VolverRecibírona a familia de Villar Granjel e a Coral Padronesa
Padrón (A Coruña), 14 de xullo de 2019.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da Rosa de Galicia á familia de José Villar Granjel e á Coral Padronesa, no marco do Festival Abride a Fiestra 2019 que se desenvolveu na Casa de Rosalía durante a fin de semana. José Villar Granjel foi, canda a Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos", quen adquiriu en 1946 a casa da Matanza, na que Rosalía pasou os derradeiros anos da súa vida, co obxectivo de convertela en símbolo da galeguidade e fundar un patronato de galegos e galegas ilustres que contribuíse a salvagardar a memoria da escritora galega máis universal.