‘Os nove anos de Fraguas en Lugo’ exhíbese no pazo de San Roque durante esta semana

Volver

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou hoxe a mostra Os nove anos de Fraguas en Lugo, impulsada polo colectivo Egeria e por Galicia Dixital co apoio da Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2019. A exposición exhíbese desde hoxe no compostelán Pazo de San Roque, onde se pode visitar durante esta semana.

O proxecto expositivo confórmano un total de 12 paneis acompañados por un libro que recompila textos dos antigos alumnos impulsores da iniciativa, Manuel Regueiro Tenreiro, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, canda os doutras amizades. Constitúe un achegamento á pegada que o mestre Fraguas deixou na cidade das murallas que se complementa co web www.fraguasenlugo.org.
 

Departamento: Tema: Lingua