Especialistas en literatura infantil e xuvenil visitan o Ramón Piñeiro

Volver
  • Valentín García recibiu hoxe no Ramón Piñeiro alumnado especialista en literatura infantil e xuvenil
  • Valentín García recibiu hoxe no Ramón Piñeiro alumnado especialista en literatura infantil e xuvenil

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) recibiu a visita de alumnado do Máster en Literatura Infantil e Xuvenil para a Formación e Desenvolvemento de Hábitos Lectores.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2018.- O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) recibiu hoxe a visita dos alumnos e alumnas que cursan no presente ano académico o Máster en Literatura Infantil e Xuvenil para a Formación e Desenvolvemento de Hábitos Lectores e o Curso de Experto en Literatura Infantil e Xuvenil da Universidade de Santiago de Compostela, ambos os dous coordinados pola profesora Blanca-Ana Roig Rechou, directora da Área de Literatura do centro de investigación adscrito á Consellería de Cultura. No marco desta visita, mantiveron un encontro co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, no que tamén participou o secretario do centro, Armando Requeixo.