Valentín García participa en Caminha na apertura do Encontro de Tocadores

Volver

Caminha (Portugal), 31 de maio de 2019.-  O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe á tarde no paseo institucional que abriu o Encontro de Tocadores, cun traxecto de Caminha a Camposancos a bordo do Ferryboat St. Rita Cássia. O encontro celébrase do 30 de maio o 2 de xuño cunha ampla programación na que se inclúen mostras de construción de instrumentos, presentación de publicacións, discos e libros, foliadas, bailes, charlas, animación de rúa, cinema, ou exposicións. Conta coa colaboración da Consellería de Cultura, por medio da Agadic, e coa participación de músicos galegos e portugueses.