Novas
-
04/12/2023 21:03
A Xunta loa o traballo literario do enxeñeiro Francisco Fernández Dávila na entrega do XVII Premio de Narrativa Breve Repsol
O gañador foi galardoado con 12.000 euros e a publicación da súa obra, ‘Groenlandia’, por parte da Editorial Galaxia
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega deste premio que reforza a creación literaria en galego e promove o uso social da lingua
-
01/12/2023 17:21
Román Rodríguez enxalza o gran momento da industria cultural galega e a súa capacidade de adaptación aos novos formatos e hábitos de consumo
O responsable autonómico de Cultura salienta a solidez e a competitividade deste sector, ao que a Xunta destinará 105 M€ en 2024 e que precisa tamén do compromiso do Executivo central para garantir un desenvolvemento innovador e competitivo
Así o vén de trasladar nunha carta ao novo ministro na que reitera a importancia da elaboración dun PERTE para a cultura que recoñeza o seu valor e de que se trasladen a Galicia os fondos necesarios para garantir o galego nas novas tecnoloxías
A Consellería reforzará o Plan Xeración Cultura para apoiar o gran momento deste sector coa súa modernización creativa e empresarial e o acceso universal á cultura
-
29/11/2023 21:00
A Xunta destaca a traxectoria do académico Darío Villanueva na entrega do Premio Otero Pedrayo 2023
O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de entrega deste galardón ao escritor e crítico de Vilalba
O certame, convocado polo Goberno galego e as catro deputacións provinciais desde 1977, é un dos máis prestixiosos da cultura galega
-
28/11/2023 17:34
A Xunta expón o seu modelo para a promoción do galego na mocidade na VII Xornada de dinamización lingüística de Baleares
-
24/11/2023 14:12
O programa Nadal en Rede da Xunta achegará propostas de ocio a 41 concellos galegos
A programación inclúe actividades de teatro, música, contos e monicreques para todos os públicos
Complétase co lanzamento do disco de cancións de Nadal do grupo folk Ailá para ambientar as festas en lingua galega
-
24/11/2023 13:57
Gabriel Alén chama á sensibilización do uso do galego na divulgación científica
O delegado territorial destacou que este tipo de actividades, impulsadas pola Xunta de Galicia, teñen como obxectivo a sensibilización sobre o valor de empregar o galego na divulgación científica, coincidindo co Mes da Ciencia en Galego
Gabriel Alén subliñou a importancia destas iniciativas que axuda a “dar a coñecer e prestixiar a ciencia” a través da rede de bibliotecas e con “recursos cos que contamos para divulgar ciencia en galego e achegar á cativada a este campo na nosa lingua”
Para apoiar a conmemoración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego, hai aberto un portal cunha selección de materiais científicos, así como unha colección de libros informativos en galego
-
21/11/2023 19:55
Román Rodríguez destaca a contribución de Pepe Montes ao uso do galego no ámbito económico durante o seu debut poético
-
21/11/2023 18:40
A Xunta colabora na edición dunha guía que recupera tres roteiros turísticos polo pasado xudeu de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación deste volume que recolle e divulga a presenza xudía na Galicia medieval
A obra, en edición bilingüe galego-castelán, está escrita pola axudante de investigación do Instituto Padre Sarmiento María Gloria de Antonio
-
17/11/2023 13:26
O Museo do Pobo Galego acollerá ata finais de ano a exposición da Xunta en homenaxe a Fernández del Riego
O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura da mostra enmarcada na programación das Letras Galegas 2023
O Goberno galego porá o broche final a un ano de celebracións coa presentación do Caderno Ramón Piñeiro dedicado ao autor laurentino
-
16/11/2023 13:39
A Xunta colabora cos Bolechas nunha guía que visibiliza a realidade das familias monoparentais entre a cativada
Esta nova lectura da familia máis famosa da literatura infantil galega pretende educar na corresponsabilidade a través da igualdade, a conciliación e o desenvolvemento familiar
O secretario xeral de Política Lingüística participa no CEIP de Vite na presentación deste libro impulsado pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia