06 mai 2017 20:00

Tic Tac Toc

A música, con todo o seu potencial para a aprendizaxe e a transmisión afectiva das linguas, non podía faltar na actividade que FalaRedes lles dedica aos máis pequenos: un concerto para nenos de 0 a 7 anos e as súas familias, onde Pablo Díaz -acompañado de Diego Barral ás guitarras e de Álex Fente ao acordeón- interpreta cancións do seu último libro-disco, Tic Tac Toc, e fai un repaso dos temas máis emblemáticos dos anteriores traballos Tic Tac e Toc Toc . Poderedes desfrutar desta actividade en 19 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Comeza: 06/05/2017 20:00

Onde: Auditorio da Casa da Cultura (Outes - A Coruña) | |

Volver

Concerto de Pablo Díaz

  • Entrada de balde
  • Concerto
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística