23 feb 2018 11:30

4º Semana de Convergências Portugal – Galicia: Presentación de libro

Presentación do libro Galegos no Minho – 20 anos do Centro de Estudos Galegos na Universidade do Minho

Comeza: 23/02/2018 11:30 | Remata: 23/02/2018 12:30

Onde: Sala Seminario Ángel Rodríguez González, Secretaría Xeral de Política Lingüística, en Santiago de Compostela | |

Volver

No mes en que se conmemora o Día de Rosalía de Castro celebrarase a cuarta edición desta iniciativa colaborativa que impulsan o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a formación Canto D'Aqui, a Câmara Municipal de Braga e as juntas de frêguesia de Nogueiró e Temões co obxectivo de irmandar as dúas beiras do Miño a través da música, da poesía e da palabra.

Por primeira vez, este ano as actividades da 4ª Semana Cultural celebraranse, ademais de na cidade portuguesa de Braga, en Padrón e en Santiago. Na casa de Rosalía de Castro situada en Padrón celebrarase a inauguración cun concerto de Canto D'Aqui e Iria Estévez. Na capital de Galicia terá lugar a clausura cun concerto de Canto D'Aqui, Uxía e a Banda Municipal de Santiago de Compostela.

  • Festival
  • Rede de Centros de Estudos Galegos