28 abr 2018 14:30

VI Día da Galiza en Braga

Organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Braga, Portugal), xunto co alumnado de Lilteratura e Cultura Galegas da devantida universidade e o Mosteiro de Tibães.

Comeza: 28/04/2018 14:30 | Remata: 28/04/2018 20:30

Onde: Mosteiro de Tibães, Braga, Portugal | |

Volver

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Braga, Portugal), xunto co alumnado de Lilteratura e Cultura Galegas da devantida universidade e o Mosteiro de Tibães, organizan a VI edición do Dia da Galiza em Braga. O evento, de entrada gratuita conta com actuacións musicais, workshops, exposicións e xogos tradicionais galegos e portugueses. A finalidade é reforzar lazos institucionais e históricos, lembrando que hai máis motivos que unen portugueses e galegos dos que os separan.

Haberá actividades para nenos e apara adultos. Os máis pequenos poderán participar nos xogos tradicionais. Os adultos terán oportunidade de asistir á presentación do libro-cd O Gaiteiro de Santo Xusto 'O Son da Ulloa' de Bruno Villamor Gay e a un pequeno concerto do músico. Trátase dunha homenaxe ao seu avó e a todos os gaiteiros que fixeron música tradicional en Galicia. Ademais, o evento conta tamén cun obradoiro de danza tradicional galega impartido por Roberto Rodríguez, unha exposición sobre o “Proxecto arqueolóxico Castro de San Lourenzo Sanlourenzo.net - Arqueoloxía en comunidade en Cereixa" e a actuación musical do grupo galego Cantigas e frores.

Para rematar, haberá degustación de diversas sobremesas típicas galegas, como torta de Santiago, orellas de Entroido, filloas, bia e moito máis.

  • Entrada de balde
  • Conferencia/Mesa redonda
  • Exposición
  • Espectáculo
  • Concerto
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística
  • Rede de Centros de Estudos Galegos