Do 12/12 ao 12/12 do 2018

Lembrando a Samuel Eiján. A poesía relixiosa galega

O evento, o próximo 12 de decembro, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Comeza: 12/12/2018 16:00 | Remata: 12/12/2018 20:00

Onde: Salón Carlos V. Convento de San Francisco. Campiño de San Francisco, 3. Santiago de Compostela | |

Volver

O próximo mércores 12 de decembro, terá lugar a xornada Lembrando a Samuel Eiján. A poesía relixiosa galega, en recordo da obra do escritor e crego Samuel Eiján, quen foi membro da Real Academia Galega. O evento está organizado pola propia Real Academia Galega, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a comunidade franciscana de Santiago. Ademais da análise da súa obra, que farán expertos como Francisco Leira e Armando Requeixo, presentarase o libro Samuel Eiján. Poesía reunida (Os asistentes serán agasallados cun exemplar do libro).

  • Conferencia/Mesa redonda
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística