Do 04/04 ao 05/04 do 2019

XXI Encontros para a Normalización Lingüística

O Centro de Documentación Sociolingüístia do Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza unha nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística baixo o título Divulgación científica en Galicia: cal é o peso (atómico) do galego?

Comeza: 04/04/2019 16:15 | Remata: 05/04/2019 20:00

Onde: Cidade da Cultura de Galicia. Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia. Auditorio Xosé Neira Vilas. Santiago de Compostela. | |

Volver

Galicia é unha comunidade de referencia na produción de cultura científica da man de particulares, colectivos independentes, asociacións de profesionais, universidades ou medios de comunicación, entre outros. Como espertar o interese dos profesionais e receptores e trasladar toda esa "efervescencia" ao facer cultural do conxunto da poboación? En que lingua se está a producir ese despregue de actividade? Ata que punto é un campo de oportunidade para a lingua galega?

Dirixidos a planificadores e dinamizadores lingüísticos, así como a calquera persoa interesada na situación do galego, os Encontros abordan nesta súa XXI edición o tema da divulgación científica en lingua galega. Ofrecen 100 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Entregarase diploma acreditativo de asistencia.

  • Xornada/Congreso
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística