14/11/2019

Fóra de lugar: Corpos (In)tanxibles nas culturas minorizadas da península ibérica. Literatura, cine e arte

Con este congreso preténdese investigar como a literatura, a arte e o cine cataláns, galegos, vascos e mirandeses conceptualizan, desde o enfoque corporal, a alteridade.

Comeza: 14/11/2019 09:00

Onde: Varsovia (Polonia) | |

Volver

A iniciativa interésase en como se constrúe o Outro desde a perspectiva das culturas minorizadas e como en referencia a este Outro se crean as identidades propias; e, por outra parte, como as culturas dominantes (a española e a portuguesa, respectivamente) inscriben a outridade nas culturas minorizadas. Tamén se examinará que valores se atribúen ao Outro e como se manifestan a través do corpo desde ambas as perspectivas. Proponse así mesmo estudar que áreas de alteridade se enmarcan dentro das identidades catalá, galega, vasca e mirandesa, como tamén as súas posibles variantes e o seu carácter pluridimensional.

  • Xornada/Congreso
  • Rede de Centros de Estudos Galegos