02/05/2019

Antonio Fraguas: por riba de todo, un mestre

O Centro de Estudos Galegos de Deusto convida a Héctor Cajaraville a falarlle ao alumnado de galego e a todo o público interesado de Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2019

Comeza: 02/05/2019 19:00

Onde: Universidade de Deusto. Sala Gárate | |

Volver

Héctor Cajaraville é xornalista, escritor e profesor de Lingua Galega e Literatura na educación secundaria. É o autor do libro Antonio Fraguas: o bo mestre, o mestre bo (Xerais, 2019), que integra, ademais dun traballo de carácter canónico que avanza linealmente afondando no deseño da vida de Fraguas e nas súas achegas intelectuais, un feixe de textos redactados en primeira persoa nos que o autor lle cede a voz, ficcionalmente, ao propio polígrafo de Cotobade para que este se estenda sobre aspectos relevantes da súa traxectoria.

 

  • Conferencia/Mesa redonda
  • Rede de Centros de Estudos Galegos