17/07/2019

XV Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en Lingua

A Universidade da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan o XV Curso de Verán Traballando en Lingua, que este ano se centra no eido do turismo.

Comeza: 17/07/2019 09:00

Onde: Fórum Carballo. Praza dos Bombeiros Voluntarios. Carballo | |

Volver

O traballo enfocarase cara á potenciación do uso da lingua neste ámbito, analizando se utilizamos o galego como un valor e un recurso que teña interese para os visitantes da nosa comunidade. As sesións constan de conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analiza o por que, como, onde e cando deixamos de utilizar o galego ao entrar en contacto con xente de fóra. Haberá turistas que se poidan decantar por Galiza por termos lingua propia? Estas e outras cuestións centrarán o programa do curso. Alén disto, tamén se dedican sesións destinadas a reparar no éxito de produtos que só utilizan a lingua propia para se dar a coñecer.

Destinatarios

O curso está destinado a persoas que traballen ou estean interesadas na dinamización lingüística e no proceso de dinamización da lingua galega: técnicos de normalización lingüística e de cultura; dinamizadores socioculturais; estudantado, profesorado, membros de asociacións, docentes, animadores, técnicos de turismo etc.

Recoñecemento académico

Ao estudantado da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h, máximo 3 créditos por cada curso (Resolución reitoral do 16/10/2017 da UDC)

  • Conferencia/Mesa redonda
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística