12/09/2019

I Xornadas de Toponimia no Ensino

O Concello de Ames e a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan estas xornadas de toponimia dirixidas fundamentalmente a profesorado dos centros de ensino de Ames. Organízanse a raíz da publicación do traballo Toponimia de Ames, de Xosé Ramón López Boullón, que viu a luz grazas á colaboración do Concello coa Real Academia Galega e o seu Seminario de Onomástica.

Comeza: 12/09/2019 16:30

Onde: Pazo da Peregrina (Bertamiráns). Ames | |

Volver

 As xornadas desenvolveranse de xeito presencial os días 18, 19 e 30 de setembro en horario de 16:30 a 20:30 horas. Ademais, cada participante deberá comploetar 4 horas de traballo persoal non presencial ata completar as 16 horas de formación homologadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Cunha orientación eminentemente práctica, nestas xornadas achegaranse nocións básicas de toponimia (orixe dos nomes de lugar, clasificación, recollida, usos...); divulgación da toponimia amesá; recursos bibliográficos e tecnolóxicos para traballar cos nomes de lugar; aplicacións didácticas nas distintas áreas de coñecemento que compoñen os currículos educativos ou utuilidades da toponimia como ferramenta de normalización lingüística.

  • Conferencia/Mesa redonda
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística