08 nov 2017 19:00

Os mundos de Carlos Casares

Exposición central coa que se conmemora as Letras Galegas 2017

Comeza: 08/11/17 | 19:00 | Remata: 26/11/17 | 20:00

Onde: Museo de Pontevedra. Edificio Sarmiento | Pontevedra | Pontevedra

Volver

Paneis explicativos, materiais audiovisuais, obxectos persoais, imaxes inéditas e documentos históricos que lle permiten ao visitante facer un percorrido pola obra, a vida e o tempo do escritor Carlos Casares, homenaxeado coas Letras Galegas 2017.

A mostra aproveita os traballos de catalogación do arquivo persoal do autor de Vento ferido, realizados en 2010 e 2012, e a investigación derivada deles, que se converteu nunha fonte riquísima para coñecer a Casares.

O proxecto está comisariado por Gustavo Adolfo Garrido e Chus Martínez Domínguez, a mostra propón un achegamento ao universo vital e literario de Carlos Casares, a través dunha sucesión de territorios simbólicos: Paisaxes, Luzadas, A Viaxe, Conviña... e O Redondel, que van explicando as cuestións fundamentais da súa vida, da súa produción literaria e do seu compromiso co país e coas súas xentes.

Cinco espazos metafóricos diferenciados, pero permeables grazas a unha coidada montaxe fundamentada na transparencia, que permiten debuxar escenas e activar experiencias sociais, políticas, educativas e artísticas. A cartografía resultante devolve unha imaxe que aspira a ser completada polo público; unha viaxe de ida e volta, circular, que convida a revisitar a escena cultural galega nas cinco últimas décadas, recuperando unha visión do escritor e dos seus lugares que aspira a conectar coas xeracións máis novas.

Logo da súa exhibición na sala José Ángel Valente de Ourense, onde iniciou o pasado mes de abril a súa itinerancia, a exposición permanecerá ata o próximo 25 de xuño na cidade compostelá, para proseguir o seu percorrido por outros puntos da xeografía galega, como a Coruña e o municipio ourensán de Xinzo de Limia.

  • Exposición
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística