21 dec 2017 19:30

Toponimízate

Falámosche dos nomes da túa terra

Comeza: 21/12/17 | 19:30 | Remata: 21/12/17 | 19:30

Onde: Casa da Xuventude | Silleda | Pontevedra

Volver

A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes. Constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia de Galicia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso.

Este inverno, quince concellos da Rede de Dinamización Lingüística acollerán conferencias do filólogo e especialista en toponimia Vicente Feijoo, que se ocupará de toponimia galega (os motivos da abundancia de nomes de lugar no país, a toponimia galega como patrimonio inmaterial...) e tamén da propia de cada concello (significado dos nomes das parroquias e das aldeas; como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos; utilidades desta ferramenta...). Ademais, nos concellos que teñan sen recoller a súa microtoponimia -é dicir, os nomes de leiras, camiños, fontes, penedos...- mostrarase unha app que lles permitirá aos veciños e veciñas colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos como as lendas a eles asociadas, de xeito que todos poidan colaborar na salvagarda deste patrimonio inmaterial que é orgullo dos galegos e galegas.

  • Xornada/Congreso
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística