Do 07/09 ao 07/09 do 2018

O galego crea ambiente

No espazo de cada festival

Comeza: 07/09/18 | 17:00 | Remata: 07/09/18 | 20:00

Onde: No Festival da Luz | Boimorto | A Coruña

Volver

A campaña O galego crea ambiente pivota arredor da idea de que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable. Forma parte do patrimonio, xunto coa cultura, a paisaxe ou a biodiversidade. Un patrimonio que cómpre coñecer e valorar, transmitíndoo e dándolle vida co uso.

Dende os stands de AGADIC presentes nos festivais adheridos a FEST GALICIA transmitirase o lema “Relaciónate co medio dun xeito responsable. Relaciónate en galego”. Ademais, os máis novos recibirán información sobre o Plan xeral de dinamización da lingua galega na mocidade que están elaborando a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Participación, Xuventude e Voluntariado. Paralelamente, pediráselles aos mozos e mozas que participen na construción do propio plan achegando ideas ou suxestións de actuacións que poidan favorecer o uso da lingua galega entre a xente nova.

Os obxectivos da campaña son promover a reflexión sobre o valor da lingua galega, promover o seu uso entre a xente nova, dar a coñecer o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade e converter os máis novos en protagonistas e copartícipes del.

  • Outras actividades
  • S.X. de Política Lingüística