Do 16/05 ao 30/05 do 2019

Antonio Fraguas, memoria dun soño

Exposición itinerante da Xunta de Galicia no marco da programación institucional Letras Galegas 2019

Comeza: 16/05/19 | 06:00 | Remata: 30/05/19 | 20:00

Onde: Casa do Concello | Cerdedo-Cotobade | Pontevedra

Volver

Deseñada e producida por Ronsel de Ideas, a exposición consta de 12 paneis en que se fai un percorrido pola vida de Antonio Fraguas e as achegas que, en diferentes momentos dela, fai á cultura galega, ata que, no final da súa existencia, coa chegada da democracia e da autonomía para Galicia, empeza a ver como se materializa o vello soño que guiou o seu percorrido vital. Ao tempo, vanse ofrecendo datos acerca da sociedade, da economía ou da política de cada momento histórico que axudan a comprender a súa figura e a súa obra.

A mostra fará parada, desde abril ata decembro, en doce localidades galegas: Arteixo, A Coruña, Celanova, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e, da man da Fundación Otero Pedrayo, Amoeiro.

  • Exposición
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística