Do 28/07 ao 28/07 do 2019

Os Bolechas. Somos unha gran familia

Somos unha gran familia é unha actividade participativa protagonizada polos Bolechas e dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos.

Comeza: 28/07/19 | 12:00

Onde: Grupo Escolar | Nogueira de Ramuín | Ourense

Volver

Os Bolechas non podían faltar á súa cita anual co FalaRedes. Sonia, Tatá, Pili, Loli, Carlos e Braulio, acompañados polo seu fiel can Chispa, pararán en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para falarlles aos máis pequenos da casa dos membros da familia.

Somos unha gran familia é unha actividade participativa protagonizada polos Bolechas e dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias. A través do teatro e do xogo, os rapaces e rapazas coñecerán o léxico referido ás relacións de parentesco e descubrirán a importancia da familia. A dinamización lingüística prolongarase tras a fin do espectáculo mediante un web interactivo onde o público poderá acceder a xogos e unidades didácticas, así como a un sorteo de libros dos Bolechas.

  • Espectáculo
  • Entrada de balde
  • Público infantil
  • S.X. de Política Lingüística