Do 21/09 ao 21/09 do 2019

O galego crea ambiente

A Secretaría Xeral de Política Lingüística volve poñer en marcha este programa de verán dirixioa á mocidade no marco dos festivais adheridos á iniciativa FEST GALICIA.

Comeza: 21/09/19 | 12:00 | Remata: 21/09/19 | 14:00

Onde: Festival Caudal Fest | Santiago de Compostela | A Coruña

Volver

O programa O galego crea ambiente pivota arredor da idea de que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable. Forma parte do noso patrimonio, xunto coa cultura, a paisaxe ou a biodiversidade. Un patrimonio que cómpre coñecer e valorar, transmitíndoo e dándolle vida co uso.

Desde os stands de AGADIC presentes nos festivais adheridos a FEST GALICIA, o cómico Víctor Grande fomentará a participación da mocidade en entrevistas e no concurso Pasa a palabra. Os gañadores dos concursos recibirán diferentes premios e, entre todos eles, sortearase unha bicicleta eléctrica.

  • Concerto
  • S.X. de Política Lingüística