Do 03/11 ao 03/11 do 2019

Cinco minutos sen respirar

Espectáculo integrado no programa "Nós contra a violencia".

Comeza: 03/11/19 | 18:30

Onde: Centro Cultural Torrente Ballester | Ribadavia | Ourense

Volver

A compañía Ítaca Teatro leva á escena unha peza do dramaturgo venezolano Gustavo Ott en que se abordan temas como o amor, o suicidio, a familia, a violencia e a necesidade humana de imaxinar historias para fuxir da realidade. Todo isto, a través do diálogo de dous personaxes: Víctor, o supervisor dun supermercado, e Margarita, unha (ex)empregada de banco á que acaban de despedir e que está fuxindo dunha relación tormentosa que iremos coñecendo pouco a pouco entre decenas de citas literarias.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística