Volver

Literatura e memoria: Carlos Casares no ensino

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; o Grupo de Investigacón LITER21 do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan o "XIV Curso de Formación. A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións texto-imaxe", que este ano se centra na figura de Carlos Casares, o autor a quen se lle dedicou o pasado Día das Letras Galegas.

O curso ten como finalidade formar e informar sobre Carlos Casares como educador e escritor de Literatura Infantil e Xuvenil. O obxectivo é salientar a importancia das súas obras na formación lectora no ensino infantil, primario e secundario e demostrar que son imprescindibles na planificación da educación lieraria. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudos dos graos, malia a súa trascendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita.

Prazo de matrícula: ata o 9 de novembro de 2017

Prezo: 15 €

Número de prazas: 150

Lugar e data de celebración: 10 de novembro no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e 11 de novembro na Biblioteca Afundación