Volver

Congreso A presenza feminina na escritura. Voces de mulleres na Idade Media

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colabora neste encontro organizado no marco do proxecto de investigación VMM (MINECO-FFI-2014-55628) que se celebrará en Santiago de Compostela, entre os días 1e 3 de febreiro de 2017.

Trátase dun foro de debate no que terán acollida relatorios impartidos por especialistas de referencia no ámbito internacional e comunicacións do persoal investigador das áreas dos estudos literarios, históricos ou filosóficos sobre o protagonismo femenino nos textos literarios e non literarios na Idade Media.

Participarán enl máis de 60 especialistas no ámbito das mulleres da Idade Media con relatorios e comunicacións agrupadas en sesións temáticas, nas que se darán a coñecer as últimas novidades sobre a materia, desde unha perspectiva transversal.

O congreso conta con recoñecemento dun crédito ECTS para os estudos de grao da USC e como actividade para o doutoramento en Estudos Medievais.

Datas e lugar de celebración: do 1 ao 3 de febreiro de 2017 no salón de actos do Pazo de San Roque (San Roque, 2, 15781, Santiago de Compostela)

Prazo de inscrición: ata o 30 de xaneiro de 2017