Volver

Convocatoria de cursos Celga 1 en liña. Listaxes de persoas admitidas

A Secretaría Xeral de Políltica Lingüísticaa convoca cursos en liña preparatorios da proba do Celga 1 que terá lugar en Santiago e en Ponferrada no mes de xuño de 2017.
 

O prazo de matrícula vai do 9 ao 23 de marzo de 2017

Trátase de cursos de nivel elemental de lingua, pensados para persoas que non teñen ningún coñecemento de galego. Son voluntarios e gratuítos, non darán dereito a certificación de ningún tipo nin a ningunha acreditación de horas. Cunha duración de 8 semanas, celebraranse entre o 17 de abril e o 9 de xuño de 2017.

CURSO CELGA 1 EN LIÑA

Resolución da aprobación das listaxes de admitidos ao curso.

Nota informativa

Matrícula

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán enviar unha mensaxe electrónica ao enderezo sxpl.formacion@xunta.gal.

Na mensaxe indicarán:

Nome e apelidos da persoa solicitante
DNI con letra
Enderezo electrónico e teléfono de contacto
Lugar de residencia
Nivel de estudos

O prazo de matrícula estará aberto entre o 9 e o 23 de marzo, ambos os dous incluídos.

Requisitos

As persoas solicitantes deberán ter máis de 16 anos e dispor dun equipo informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:

  • Conta de correo electrónico
  • Ordenador con conexión a Internet
  • Navegador web co plugin de flash

Criterios de selección

A selección farase por rigorosa orde de matrícula ata cubrir o número aproximado de 50 persoas por curso.