Volver

XIX Encontros para a normalización lingüística

O Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a XIX edición dos Encontros para a Normalización Lingüística.
Co título "Dereitos lingüísticos, unha garantía pendente?", os Encontros analizarán, o 20 e o 21 de abril, os avances e atrancos no proceso iniciado coa democracia para garantir os dereitos lingüísticos dos galegofalantes.

A inscrición é gratuíta e o número de prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, é limitado .

Entregarase diploma acreditativo de asistencia aos Encontros. Para obtelo, cómpre asistir ao 75% das sesións.