Volver

IX Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras

A Universidade da Coruña, por medio do seu Servizo de Normalización Lingüística, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a novena edición deste curso de verán que ten como obxectivo proporcionarlle ao alumnado un achegamento á lingua e á cultura propias de Galicia combinando as actividades teórico-prácticas con actividades culturais.

Persoas destinatarias

Aquelas persoas de fóra de Galicia interesadas en se introduciren no estudo da lingua galega e en ampliaren os seus coñecementos sobre a cultura galega.

Niveis

Nivel elemental (A1-A2) de iniciación á lingua galega para as persoas que desexen introducirse no seu coñecemento
Nivel intermedio (B1-B2) destinado a quen xa relizase o curso de nivel elemental ou acredite documentalmente un coñecemento básico do idioma

Calendario, duración e lugar de realización: do 3 ao 24 de xullo de 2017, 80 horas lectivas que se impartirán na Facultade de Filoloxía (campus da Zapateira)

Prazo de presentación e solicitudes: antes do 29 de maio de 2017