Volver

Convocatoria de cursos de nivel medio e superior de linguaxe administrativa galega

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca tres cursos de nivel medio e tres de nivel superior de linguaxe administrativa galega.

O número de prazas por curso é de 25

A matrícula está aberta dende as 8 horas do 28 de xuño ata as 14 horas do 7 de xullo en http://egap.xunta.gal/matricula

Os destinatarios do curso son:

 

  • Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia (UN17001 e UN17002).
  • Empregados/as públicos/as que presten servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e nas institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua (EP17001 e EP17002).
  • Empregados públicos e a empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (LO17001 e LO17002).