Volver

Simposio do Bicentenario de Antonio Fernández Morales: O cantor do Bierzo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Instituto de Estudios Bercianos (IEB), coa Comisión Cultural Martín Sarmiento e coa Real Academia Galega (RAG) na organización do Simposio do Bicentenario de Antonio Fernandez Morales / XI Xornadas de Autor IEB Antonio Fernández Morales: o cantor do Bierzo, que se desenvolverá en Ponferrada, en Vilafranca do Bierzo e en Cacabelos os días 15, 16 e 17, respectivamente, co gallo de renderlle tributo ao cantor en galego máis importante desta área galegofalante.

Venres 15 de setembro
Casa da Cultura de Ponferrada

19:00 h Inauguración da exposición do Instituto de Estudios Bercianos: Antonio Fernández Morales
19:30 h Inauguración do Simposio do Bicentenario/XI Xornadas de Autor: Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo
19:45 h Sesión sobre a biografía. Conferencia inaugural: “Unha nova visión da vida de Antonio Fernández Morales” polo profesor J.A. Balboa de Paz
20:45 h Actuación musical de Carmen Penim e Maurizio Polsinelli (2nafroteira)

Sábado 16 de setembro
Teatro Gil y Carrasco de Vilafranca do Bierzo

10:00 h Sesión sobre a obra: “Ensayos poéticos en dialecto berciano”
10:15 h 1. LINGUA: “O dialecto do Bierzo, o galego no Bierzo” pola profesora Rosario Álvarez Blanco
11:00 h 2. COSTUMES E TERRA: “Tradiciois, terra e identidade na obra de Morales” polo profesor Héctor M. Silveiro Fernández
11:45 h 3. LITERATURA: “Morales no Rexurdimento” polo profesor Anxo Angueira Viturro
13:00 h Inauguración no Claustro de San Nicolás o Real da EXPOSICIÓN: “Antonio Fernández Morales e o galego no Bierzo” da Comisión Cultural Martín Sarmiento
17:00 h 4. COMUNICACIÓNS: -Unha achega ao léxico de Fernández Morales, Andrea Castelo Veiga. -O redescubrimento de Fernández Morales, Xosé Henrique Costas. -A voz, as voces, Juan Carlos Pérez Mestre. -Rítmica e musicalidade nos poemas de Antonio Fernández Morales, Carmen Penim e Maurizio Polsinelli
Domingo 17
Museo MARCA de Cacabelos

11:00 h 5. COMUNICACIÓNS: -A poesía en Fernández e Morales, José Luis Puerto. -Utensilios musicais, Héctor Luis Suárez. -Cartas Inéditas de Antonio Fernández Morales, Javier Fernández-Llamazares
CLAUSURA: -Recital poético por Anxo Angueira. -Ofrenda floral no cemiterio da Edrada de Cacabelos ante a tumba de Antonio Fernández Morales coa intervención musical da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.