Volver

Etiqueta na túa lingua, camiña polo mundo con identidade

O Día Europeo das Linguas, o Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra esta xornada para analizar a presenza da lingua galega e doutros idiomas minoritarios no campo do comercio e da industria.

Con tal fin, participan nesta xornada diferentes expertos do ámbito académico, así como representantes de empresas que destacaron, en diferentes sectores, no uso da lingua galega nas súas accións de cara á clientela. O obxectivo é coñecer o impacto, as posibilidades, as dificultades e os desafíos do uso da lingua de Galicia no ámbito comercial, de interese tanto para os investigadores deste ámbito coma para os profesionais e estudantes do sector empresarial e da comunicación corporativa.