Volver

XIII Xornada de Normalización Lingüística

Escolas Católicas de Galicia, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a XIII Xornada de Normalización Lingüística, destinada a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados.

O programa inclúe propostas moi variadas, desde exposicións teóricas como o relatorio de Xesús Rábade sobre a traxectoria vital e literaria de María Victoria Moreno ata unha mostra de experiencias dinamizadoras centradas nas aplicacións educativas para dispositivos móbiles. A actividade desenvolverase o venres, 24 de novembro de 2017, no Consello da Cultura Galega.