Volver

X Xornada de recursos educativos en galego: a educación de adultos

A Comisión de Normalización da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa unha nova edición destas xornadas dirixidas a alumnado, persoal docente e investigador e mais persoal de administración e servizos das tres universidades galegas, así como a outros profesionais da educación interesados en mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego dirixidos á poboación adulta.

A xornada celebrarase  no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da USC o día 24 de novembro de 2017.

Os seus obxectivos son os seguintes:

  • Coñecer os recursos educativos existentes en lingua galega para a educación de adultos.
  • Definir estratexias e criterios para buscalos e escolmalos.
  • Promover a creación de recursos educativos e materiais didácticos propios adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia.
  • Impulsar a difusión de experiencias educativas centradas na utilización e elaboración de recursos didácticos en lingua galega.