Volver

XI Xornada Xustiza e Lingua

O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra a XI edición da Xornada Xustiza e Lingua, Reflexións para a Normalización, dirixida a profesionais dos servizos lingüísticos e da xustiza, a alumnado das escolas de práctica xurídica e de Dereito e a persoas interesadas en xeral.

Os obxectivos da xornada son promover a reflexión acerca do proceso de normalización lingüística no ámbito da xustiza; ofrecer experiencias positivas e novas perspectivas que favorezan o uso do galego no exercicio xurídico; avaliar o nivel de incidencia das accións encamiñadas a asentar e potenciar a lingua galega no eido xudicial; analizar o marco xurídico da lingua galega e estudar o seu nivel de aplicación real e abordar o desenvolvemento dun modelo propio de linguaxe xurídica galega baseado na súa calidade e funcionalidade.

Lugar: Salón de actos do Colexio de Avogados