Volver

25º aniversario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

O 19 de novembro (e non o 14, como estaba previsto inicialmente) celébrase a derradeira das xornadas organizadas polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades con motivo do 25 aniversario da súa creación. No marco desta xornada, dedicada á investigación lingüística que desenvolve o CRPIH, Guillermo Rojo pronunciará a conferencia de clausura.

  • Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

    Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades cumpre 25 anos de existencia. A conmemoración desta efeméride celébrase coa organización dunha conferencia inaugural, catro xornadas temáticas e unha conferencia de clausura ao longo do ano, nas que se trata de dar a coñecer ao público: a historia do Centro, a transcendencia da investigación levada a cabo e o recoñecemento da súa centralidade dentro da investigación en humanidades posta de manifesto nos legados de investigadores importantes, dos que o CRPIH é depositario.

Todas as actividades programadas celébranse e no salón de actos do pazo de San Roque, sede do Centro, e son as seguintes:

 

19 DE MARZO DE 2018

12,30 horas: conferencia inaugural a cargo de D. Darío Villanueva (Director da Real Academia Española), quen disertará sobre o tema “A voltas coa posverdade”.

 

24-25 DE MAIO DE 2018

O CENTRO RAMÓN PIÑEIRO E A INVESTIGACIÓN LITERARIA

Duración: 12 horas

Nestes dous días os investigadores do Centro ofreceron un repaso dos proxectos e estudos literarios levados a cabo ao longo destes 25 anos.

 

Día 24

11,00-13,30 horas: presentación dos proxectos de ARGAMED (Lírica profana galego-portuguesa, Prosa medieval e Cantigas de Santa María).

13,30-14,30 horas: Debate.

 

16,30-17,30 horas: Presentación proxectos de Literatura (Informes, Narrativa recuperada, Poesía recuperada, textos xornalísticos).

17,30-18,30 horas: Presentación dicionario de termos a partir de Que se entende por Literatura hoxe.

18,30-19,00 horas: Descanso.

19-20,30 horas: Debate.

 

Día 25

12,00-13,00 horas: Presentación do proxecto "Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil". 25 anos de Literatura infantil e xuvenil.

13,00-14,30 horas: Debate

 

12 de XULLO DE 2018

O CENTRO RAMÓN PIÑEIRO: A SÚA CREACIÓN E A SÚA IMPORTANCIA EXAMINADAS DENDE ÁNGULOS DISTINTOS

Duración: 8 horas

Nesta xornada tratarase de rememorar o proceso de creación do Centro, a razón do seu nome, a relevancia da súa investigación e a súa proxección internacional.

Programa:

10,00 - 10,30 horas. Siro López: "A miña visión de Ramón Piñeiro".

10,30-10,50 horas. Manuel González: "Constantino García, o primeiro coordinador científico do CRPIH".

10,50-11,00 horas. Breve intervención de D. Juan Piñeiro Permuy, conselleiro de Educación que puxo en marcha o Centro Ramón Piñeiro.

11,00-12,30 horas. Mesa redonda: "A posta en marcha e a vida do Centro a través dos seus investigadores". Participarán: Mercedes Brea López, Marisol López Martínez, Xesús Ferro Ruibal, Francisco García Gondar, Modesto Hermida García, Blanca Ana Roig Rechou e Anxo Tarrío Varela. Coordina: Armando Requeixo.

12,30-13,30 horas. Mesa redonda: “25 anos do Centro Ramón Piñeiro: unha visión desde os seus responsables políticos". Participarán: Manuel Regueiro Tenreiro, Xesús Pablo González Moreiras, Marisol López Martínez, Anxo Lorenzo Suárez, Valentín García Gómez. Coordina: Manuel González.

13,30-14,00 horas. Visita á exposición das publicacións realizadas polo Centro Ramón Piñeiro nos 25 anos de historia e as mostras dos legados recibidos no Centro para a súa custodia e estudo.

16,30-18,00 horas. Mesa redonda: "O Centro Ramón Piñeiro visto polos bolseiros/as". Participarán: Rut Losada Soto, Xesús Mosquera Carregal, Mª Teresa Monteagudo Cabaleiro, Isabel Soto, X. Xabier Ron Fernández e Monserrat Muriano Rodríguez. Coordina: Tania de Dios Miguéns.

18,30-19:30 horas. Mesa redonda: "25 anos de xestión do Centro Ramón Piñeiro vistos polo persoal de administración". Participarán: Juan Porrúa, Manuel Anxo Castro Mato, Ruth Otero Villar e María Carme Nieves Seoane.

19.30 horas. Clausura da xornada

 

12 DE SETEMBRO DE 2018

O CENTRO RAMÓN PIÑEIRO COMO RECUPERADOR DE FONDOS GALEGOS E DEPOSITARIO DE LEGADOS. A IDENTIDADE GALEGA

Duración: 5 horas

9,30 horas: apertura da xornadas

10-10,30: Luís Alonso Girgado: “A importacia do Centro Ramón Pileiro na visibilización e accesibilidade de fondos históricos importantes da cultura galega”.

10,30-11,00 horas: Carlos Búa: "Jürgen Untermann: o home, o profesor"

11,00-11,30 horas: Virgilio García Trabazo: “Jürgen Untermann”, unha figura transcendental para o coñecemento da realidade lingüística prerromana na Península Ibérica"

11,30-11,45 horas: Descanso

11,45-12,30 horas: Ramón Mariño: “Elixio Rivas, o lingüista apaixonado pola nosa cultura material”.

12,30-13,15 horas: Antón Santamarina: “Aníbal Otero, unha figura clave no coñecemento do léxico e da dialectoloxía galega”.

13,15-13,45 horas: Armando Requeixo: "O legado de Luísas Villalta, escritora referencial na literatura galega de entre séculos"

14,00 horas. Clausura da xornada.

 

19 NOVEMBRO DE 2018

O CENTRO RAMÓN PIÑEIRO E A INVESTIGACIÓN LINGÚÍSTICA

Duración: 8 horas

Nesta xornada final, farase unha valoración da importancia e da transcendencia dos proxectos no ámbito lingüístico levados a cabo nos 25 anos de vida do Centro, con especial atención a:

09,30-09,45 horas: inauguración da xornada

09,45-10,00 horas: Tradutor automático español-galego (Es-Gl). María Sol López Martínez

10,00-10,30 horas: Sintetizador de voz en galego (Cotovía). Manuel González González

10,30-11,00 horas: Bibliografía informatizada da lingua galega (BILEGA). Francisco García Gondar

11,00-11,30 horas: Corpus de referencia do galego actual (CORGA). María Sol López Martínez e Eva Mª Domínguez Noya

12,00-12,30 horas: Corpus documentale latinum Gallaeciae (CODOLGA). Eduardo López Pereira

13,00 horas: Conferencia de clausura a cargao do profesor Guillermo Rojo. Aproximación á estrutura estatística do léxico galego

 16,30-17,00 horas: Base de datos do ALiR. Manuel González González

17,00-17,30 horas: O Dicionario italiano-galego. Isabel González Fernández

17,30-18,00 horas: Pausa

18,00-18,30 horas: Os traballos terminolóxicos. Inés Veiga Mateos

18,30-19:00 horas: Os traballos no ámbito da fraseoloxía. Xesús Ferro Ruibal

19:30 horas: Clausura da xornada

 

 

 

INSCRICIÓN

Para asistir ás xornadas temáticas, cómpre inscribirse. A folla de inscrición pode atopala no seguinte pdf e achegala mediante un correo electrónico ao enderezo crpih@cirp.gal, por correo postal á sede do Centro (rúa de San Roque, nº 2. 15705 Santiago de Compostela) ou presencialmente na mesma sede. . As prazas son limitadas (100 prazas) e atenderanse por rigorosa orde de chegada. A asistencia xustificarase mediante a expedición dun certificado onde se indicará o número de horas das xornadas.

 

Toda esta información é provisoria e irase actualizando se fose preciso.