Volver

Convocatoria do Plan Proxecta

Resolución do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2018/19.

Neste curso escolar ofrécense 43 programas educativos, que se poden consultar na web de Proxecta, máis en concreto, na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta/programas. A Secretaría Xeral de Política Lingüística dinamiza catro programas específicos: Nós tamén creamos!, os Proxectos de Innovación Educativa en Dinamización lingüística, o Premio Antón Fraguas e Fitofaladoiro.

Os centros de ensino teñen de prazo ata o 19 de outubro para formalizaren a solicitude na aplicación informática do Plan Proxecta.

De teren algunha dúbida, poden contactar co persoal asesor do Plan Proxecta nos teléfonos 881 997 498 / 881 997 096. Respecto das dúbidas relacionadas con cada programa en concreto, poden contactar coas persoas responsables que aparecen na correspondente ficha técnica.