Volver

Lembrando a Luísa Villalta no seu quince cabodano

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, depositario do legado de Luísa Villalta, organiza a xornada de homenaxe Palabra de muller. Lembrando a Luísa Villalta no seu quince cabodano, que se celebrará o mércores 6 de marzo, a partir das 16:30 horas, no salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.