Volver

II Premio de Relato Breve Nélida Piñón

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Concello de Cotobade e a Deputación de Pontevedra convocan o II Certame de Relato Breve Nélida Piñón, que estende o seu formato ata as 30 páxinas e introduce a novidade de dous accésits e a publicación das obras seleccionadas. O galardón está dotado con 4.000 euros e os accésits con cadanseus 1.000 euros.
Prazo de presentación de orixinais: do 1 de outubro ao 1 de maio de 2017.