Volver

I Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Concello de Cuntis na convocatoria deste premio que ten como obxectivo homenaxear unha figura sobranceira da cultura galega polas súas contribucións ao ámbito da escola, da etnografía, da literatura e do patrimonio.

Os traballos que se presenten deberán de estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos e a súa extensión non será superior a 30 folios, versarán sobre os ámbitos das ciencias sociais e das humanidades (arqueoloxía, etnografía, historia, filoloxía, literatura etc.) de temática galega e terán que supoñer unha achega orixinal e novidosa ao coñecemento de calquera das disciplinas nomeadas.

Participantes
Dirixido a persoas maiores de 18 anos 

Premio
Premio único de 1500 €

Prazo de presentación de proxectos:
Ata o 29 de setembro de 2017