Volver

XI Certame de Investigación Condado de Pallares

As secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura colaboran coa Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares e cos concellos de Guntín, Taboada e Chantada na convocatoria do XI Certame de Investigación Condado de Pallares, que ten como finalidade promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, da arte, da arqueoloxía, da antropoloxía, da etnografía e do folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares.