Volver

O IES Francisco Asorey e o CEIP do Carballal fanse cos primeiros premios do Certame Vindevídeos. O CEIP Ortigueira e o Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño conseguiron os segundos premios nas categorías de infantil e primaria e resto de centros, respectivamente.

O concurso escolar Vindevídeos foi convocado, coincidindo coa estadía en Galicia do Pergamiño Vindel, pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura, co obxectivo de promover e divulgar a nosa lírica medieval.

Podedes ver aquí os vídeos gañadores:

 

 

 

Categoría de educación secundaria e ensinanzas especiais


1º Premio: ‘Cantigueando’, do IES Francisco Asorey, de Cambados (Pontevedra)


2º Premio: ‘O Peque Coro do Xan Viaño descubrindo o pergamiño Vindel’, do CMUS Profesional Xan Viaño, de Ferrol (A Coruña)

Categoría de centros de infantil e primaria


1º Premio: ‘Fals’e traedor’, do CEIP O Carballal, de Marín (Pontevedra)
2º Premio: ‘Galicia: referente da cultura medieval’, do CEIP Ortigueira, de Vedra (A Coruña)