Volver

Premio Nós tamén creamos! 2017-2018

Resolución da convocatoria do premio de curtas de animación en galego elaboradas no marco do Programa Nós Tamén Creamos!

Os premiados nesta VII edición de Nós tamén creamos!, convocada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, son:

 

Categoría 1. Alumnado de segundo ciclo de educación infantil

A mellor sopa do mundo, do CEIP Labarta Pose de Zas (A Coruña)

 

Categoría 2. Alumnado de primeiro e segundo de educación primaria

Coas mans baleiras, do CEIP de Ponzos, Ferrol (A Coruña)

 

Categoría 3. Alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria

A  mellor sopa do mundo do CEIP A Xunqueira, nº 2

 

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.