Volver

X Certame de Cinema OUFF Escola

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou en maio de 2019 o X Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 24ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense

Os premiados desta edición son os seguintes:

Categoría A. Infantil e primaria

Categoría B. Outros niveis de ensino non universitario

  • Primeiro premio: "Deámoslles voz", do IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña)
  • Segundo premio: "Pulso", do IES Chan do Monte (Marín, Pontevedra)
  • Premio Blanco Amor ao mellor guión: "Mans salgadas", do IES de Foz (Foz, Lugo)

O Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.
Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.
Esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura dar formación á mocidade sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.