Volver

Ditame do xurado do III Concurso Balbino de Relatos

  • O secretario xeral de Política Lingüística coas persoas integrantes do xurado onte, no Pazo de San Roque

    O secretario xeral de Política Lingüística coas persoas integrantes do xurado onte, no Pazo de San Roque

  • III Edición do certame

    III Edición do certame

Ricardo Ferreiro faise co III Concurso Balbino de Relatos pola obra 'Máis alá do río do esquecemento'. ​O traballo impúxose a máis dunha vintena de orixinais presentados.

Ricardo Ferreiro Almeda (Alcalá de Guadaira, Sevilla, 1958) fíxose coa III edición do Concurso Balbino de Relatos pola obra Máis alá do río do esquecemento. O galardón, que convoca Técnicas & Gramaxe coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, entroutras institucións, inclúe 1500 euros de premio e a publicación da peza por Edicións Fervenza. O traballo impúxose a máis dunha vintena de orixinais presentados.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con Técnicas & Gramaxe nesta iniciativa que ten como obxectivo promover uso da lingua na literatura e apoiar os escritores e escritoras novos ou xa consagrados.

Á convocatoria podían presentarse textos orixinais, propios e inéditos (relato ou serie de relatos) inspirados na temática do rural galego, do mar e da emigración para concorrer a un premio único de 1500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.

Toda a información en www.concursobalbino.com